Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 1 de outubro de 2019 Páx. 43316

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 20 de setembro do procedemento BS306B, respecto das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2019 e se procede á súa convocatoria.

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2019, a través da Orde do 28 de decembro de 2018 (DOG núm. 24, do 4 de febreiro), as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove.

De conformidade coa disposición adicional cuarta, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e nas persoas titulares das xefaturas territoriais, en función do seu respectivo ámbito competencial, para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Así mesmo, o artigo 11 da orde indica que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos da notificación. Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social (https://politicasocial.xunta.gal).

Con data do 22 de xullo de 2019 ditouse a Resolución de concesión de subvencións respecto das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia o 5 de agosto de 2019 (DOG núm. 147), incluíndo a lista de reserva e a lista de persoas excluídas.

No artigo 17.3 da orde de convocatoria establécese que no caso de se produciren renuncias a estas axudas por parte das persoas beneficiarias, o órgano instrutor poderá realizar, se o considera oportuno, novas propostas de resolución de concesión da axuda ás persoas solicitantes incluídas na lista de reserva prevista no punto anterior, con atención rigorosa á orde establecida nela.

A contía global da convocatoria recollida no artigo 3 da orde é de 400.000,00 €.

Debido ás renuncias á subvención de 4 grupos informais de mozos e mozas e 1 entidade, incrementouse a aplicación orzamentaria na cantidade de 20.465,93 €. Ademais producíronse as desistencias de 2 grupos informais de mozos e mozas e dunha entidade que se atopaban na lista de reserva. Como consecuencia disto, dítase unha nova Resolución o 20 de setembro de 2019, no procedemento BS306B, respecto das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2019 e se procede á súa convocatoria.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 20 de setembro de 2019, ditada no procedemento BS306B respecto das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2019.

Segundo. O artigo 45.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, establece que nos supostos de publicacións de actos que conteñan elementos comúns, poderán publicarse de forma conxunta os aspectos coincidentes, especificándose unicamente os aspectos individuais de cada acto. Tendo en conta a identidade de contido das referidas resolucións, excepto no que se refire aos cadros que se conteñen nos seus anexos, e en uso da facultade establecida no devandito artigo 45.2, publícase de forma conxunta o contido das resolucións e especifícanse unicamente os cadros contidos nos anexos de cada unha delas.

Terceiro. Comunicar que a Resolución do 20 de setembro de 2019 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2019

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 20 de setembro de 2019 ditada no procedemento BS306B de concesión de subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2019.

Con data do 22 de xullo de 2019 ditouse a Resolución de concesión de subvencións respecto das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia o 5 de agosto de 2019 (DOG núm. 147), incluíndo a lista de reserva e a lista de persoas excluídas.

No artigo 17.3 da orde de convocatoria establécese que no caso de se produciren renuncias a estas axudas por parte das persoas beneficiarias, o órgano instrutor poderá realizar, se o considera oportuno, novas propostas de resolución de concesión da axuda ás persoas solicitantes incluídas na lista de reserva prevista no punto anterior, con atención rigorosa á orde establecida nela.

A contía global da convocatoria recollida no artigo 3 da orde é de 400.000,00 €.

Debido ás renuncias á subvención de 4 grupos informais de mozos e mozas e 1 entidade, incrementouse a aplicación orzamentaria na cantidade de 20.465,93 €. Ademais, producíronse as desistencias de 2 grupos informais de mozos e mozas e dunha entidade que se atopaban na lista de reserva.

Polo anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar cinco renuncias da lista de persoas beneficiarias:

Orde de prelación

Nº de exp.

Solicitante

Representante do grupo informal

CIF/NIF

Puntos

Importe concedido (€)

10

2019/068-0

G.I. Moluska Producións

Aída Míguez González

***8915**

77,5

5.000,00

18

2019/086-0

Deva

Martín Rivas Vázquez

***7227**

72,5

5.000,00

23

2019/095-0

Meigallo

Verónica Castrillón Castro

***1910**

72,5

2.159,30

45

2019/056-0

Clube xóvenes gandeiros

G70149331

65

5.000,00

71

2019/092-0

Grupo en divulgación en defensa do patrimonio natural dos himonópteros galegos

Laura Pita García

***5457**

60

3.306,63

Segundo. Aceptar tres desistencias da lista de reserva:

Orde de prelación

Nº de exp.

Solicitante

Representante do grupo informal

CIF/NIF

Puntos

Importe concedido (€)

1

2019/101-0

Sen título

Rebeca López Villar

***6064**

57,5

2.935,00

4

2019/106-0

Xuventude do Navia

Julia Gegunde García

***8456**

55

5.000,00

6

2019/065-0

A asociación cultural A Pinguela de Bama

G70537337

55

4.990,50

Terceiro. Conceder ás persoas da lista de reserva a subvención convocada pola Orde do 28 de setembro de 2019 con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.481.0:

Orde de prelación

Nº de exp.

Solicitante

Representante do grupo informal

CIF/NIF

Puntos

Importe concedido (€)

2

2019/063-0

Asociación xuvenil Aslan

G27801901

57,5

5.000,00

3

2019/119-0

Sororidade

Uxía Sar López

***0029**

55

5.000,00

5

2019/051-0

G.I. Implícate

Andrea Piñeiro Puente

***9362**

55

5.000,00

7

2019/034-0

Asociación Cultural, Artística e de Produción Audiovisual Visualmedia Galicia

G32397796

55

4.760,47

Cuarto. De conformidade co artigo 18 das bases reguladoras, as entidades ou grupos beneficiarios disporán dun prazo de dez días, desde a publicación da resolución de concesión, para realizar algún dos seguintes trámites mediante a presentación do anexo V:

a) Renunciar á subvención concedida se, por calquera circunstancia, non pode realizar o proxecto subvencionado, tendo en conta o establecido no artigo 5.6.

b) Solicitar o anticipo previsto no artigo 20.2. Para iso deberá presentar, ademais:

1º. O anexo X debidamente cuberto. No caso dos grupos informais, todas as persoas que o compoñen deberán ser titulares da conta bancaria e asinar este anexo.

2º. As certificacións de estar ao día das obrigas coa AEAT, a TXSS e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, só no caso de que se opuxesen expresamente á súa consulta automática no trámite de solicitude.

Transcorrido o prazo de dez días, non se admitirán máis solicitudes de anticipo.

Quinto. A data límite para presentar a xustificación da subvención é o 15 de outubro de 2019.

Xustificarase a totalidade do proxecto subvencionado, para o cal deberá achegarse a documentación relacionada no artigo 19.

Sexto. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-adminsitrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2019. A conselleira de Política Social, P.D. (Artigo 18 da Orde do 28.12.2018), Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.