Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 1 de outubro de 2019 Páx. 43397

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios (expediente URB/39/2019 (1297/2019).

Unha vez ditada orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 37 de Cobrana, O Arrabal, Santa María de Oia, no termo municipal de Oia (Pontevedra), e ao resultar descoñecido o titular da parcela 281 do polígono 37 (ref. catastral 36036A037002810000QZ), en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), publicamos referencias de expediente e referencia catastral da parcela afectada co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantizar a protección de vivendas e núcleos habitados fronte os incendios forestais. En caso de incumprimento das ordes ditadas contra os responsables, advírtese da execución subsidiaria por conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral

URB/39/2019 (1297/2019)

En investigación

Propietario descoñecido

36036A037002810000QZ

Parcela 281, polígono 37,

Cobrana-O Arrabal-Santa María de Oia

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 28 de agosto de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa