Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 1 de outubro de 2019 Páx. 43395

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO das bases e da convocatoria de prazas de inspectores da policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 256, do 7 de novembro de 2014, foron publicadas integramente as bases xerais para acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de promoción interna.

Igualmente, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 39, do 15 de febreiro de 2019, foi publicada unha modificación das devanditas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 84, do 11 de abril de 2019, foi publicada unha resolución relativa á convocatoria e bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

Persoal funcionario:

Decreto número 19002410 de 26.3.2019: 3 prazas de inspector/a policía local; escala: Administración especial; subescala: servizos especiais; clase: policía local e auxiliares; grupo de titulación A (subgrupo A2). Sistema selectivo: concurso-oposición. Quenda: promoción interna.

Por outra banda, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 203, do 4 de setembro de 2019, foi publicada resolución relativa á convocatoria e bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

Persoal funcionario:

Decreto número 19006789 do 8.8.2019:

– 1 praza de inspector/a policía local; escala: Administración especial; subescala: servizos especiais; clase: policía local e auxiliares; grupo de titulación A (subgrupo A2). Sistema selectivo: concurso-oposición. Quenda: promoción interna.

– 3 prazas de inspector/a policía local; escala: Administración especial; subescala: servizos especiais; clase: policía local e auxiliares; grupo de titulación A (subgrupo A2). Sistema selectivo: concurso. Quenda: mobilidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio en Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 12 de setembro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto nº 19005684 de 1.7.2019
modificado polo Decreto nº 19005695 de 3.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenente de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza:
Economía e Recursos Humanos