Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 1 de outubro de 2019 Páx. 43398

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO de corrección de erros.

O texto correcto do anuncio publicado no DOG número 167, do 4 de setembro de 2019, é o seguinte:

«Aprobación definitiva do Plan especial de protección e integración paisaxística de actuación na ordenanza U-4. Predios singulares en solo urbano (Casa de Louzao).

Mediante o Acordo do Pleno do Concello, en sesión ordinaria do 31 de xullo de 2019, aprobouse definitivamente o Plan especial de protección e integración paisaxística de actuación na ordenanza U-4. Predios singulares en solo urbano (Casa de Louzao), na parroquia da Ponte Ulla, neste termo municipal, nos termos do expediente tramitado e da documentación técnica redactada, o que se publica para os efectos do artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 88 da mencionada Lei 2/2016, do 10 de febreiro, unha vez publicado o anuncio no DOG, remitiráselle ao órgano autonómico competente, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, un exemplar do plan especial debidamente dilixenciado. Unha vez cumpridos estes trámites, publicaranse a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Notificaráselles individualmente a aprobación definitiva do plan especial aos titulares catastrais dos terreos afectados aos cales xa se lles notificou a aprobación inicial, de conformidade co disposto no artigo 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro. O contido do plan quedará á disposición do público na web do Concello https://www.concellodevedra.es/.

Contra o acordo de aprobación definitiva, en aplicación do artigo 112.3 de Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito».

Vedra, 11 de setembro de 2019

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde