Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 1 de outubro de 2019 Páx. 43353

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (49/2019).

MMC modificación de medidas suposto contencioso 49/2019

Procedemento orixe: /

Sobre modificación medidas

Demandante: Fernández Meijide María Pilar

Procuradora: Paloma Cambeiro Vázquez

Avogado: Antonio Romero Fernández

Demandado: Juan Ferrel Moron

Notificación de sentenza.

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e parte son do teor literal seguinte:

Sentenza nº 341/2019.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2019.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 6 de Santiago de Compostela, os autos de modificación de medidas definitivas número 49/2019 por instancia da procuradora Sra. Cambeiro Vázquez, en nome e representación de María Pilar Fernández Meijide, asistida do letrado Sr. Romero Fernández, fronte a Juan Ferrel Moron, declarado en rebeldía procesual, con intervención do representante do Ministerio Fiscal, dada a concorrencia de fillo menor de idade Yeray Ferrel Fernández.

Decido:

Que debo admitir e admito substancialmente a demanda deducida pola procuradora Sra. Cambeiro Vázquez, en nome e representación de María Pilar Fernández Meijide, asistida do letrado Sr. Romero Fernández, fronte a Juan Ferrel Moron, declarado en rebeldía procesual, con intervención do representante do Ministerio Fiscal, dada a concorrencia de fillo menor de idade Yeray Ferrel Fernández, fixando, en consecuencia, as seguintes medidas definitivas:

A suspensión da patria potestade do demandado sobre o citado menor de idade.

A atribución á demandante en exclusiva do exercicio da patria potestade en cuestións médico/sanitarias (incluídas terapias), cuestións educativas e académicas de toda índole, cuestións administrativas de determinación de lugar de domicilio, expedición e renovación de pasaporte, saídas ao estranxeiro, etc., co fin de evitar calquera inactividade ou dilación na adopción de decisións extraordinarias de patria potestade e relevantes para o menor en tales ámbitos por tratar de solicitar o previo consentimento do demandado.

Cada parte pagará as custas causadas na súa instancia e nas comúns por metade.

Notifíquese esta sentenza ás partes, con advertencia de que esta non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, nos termos e prazos dos artigos 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil, logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional 15ª da LOPX.

Lévese testemuño desta resolución aos autos da súa razón.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 6 de Santiago de Compostela.

Publicación. Lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Juan Ferrel Moron, esténdese o presente edicto para que sirva de notificación.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2019

O/A letrado/a da Administración de xustiza