Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 1 de outubro de 2019 Páx. 43349

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (184/2018).

Eu, María Cristina Montero Carré, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou Sentenza con data do 16 de decembro de 2018, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

A sección quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou en nome do rei a seguinte:

«Sentenza nº 394/2018

Magistrados:

Manuel Conde Núñez

Julio Tasende Calvo

Carlos Fuentes Candelas

Na Coruña, 26 de decembro de 2018

No recurso de apelación civil número 184/2018, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 11 da Coruña, en xuízo ordinario número 1161/2015, seguido entre partes: como apelante: Luis Manuel Sánchez Felpete, representado polo procurador señor Sánchez González; como apelados: Marcos Docasal Pereira, representado pola procurador señora Camba Mencez, Balsa Puerto Automóviles, S.L., representada pola procuradora señora González González e Symauto Motor, S.L. (rebelde). É relator Manuel Conde Núñez.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos)

Que, estimando parcialmente o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Luis Manuel Sánchez Felpete, contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 11 da Coruña, nos autos número 1161/15, debemos revogar e revogamos a referida resolución no único sentido de que as custas de primeira instancia da demanda presentada contra Symauto Motor, S.L. se impoñen á dita demandada, dada a estimación substancial da dita demanda, mantendo os demais pronunciamentos da sentenza apelada.

Non se fai especial imposición das custas de alzada.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Symauto Motor, S.L., esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 24 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza