Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 1 de outubro de 2019 Páx. 43367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2019-17 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, parcela U2, rúa Aller Ulloa, Ramón María, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: soterrar LMT contorna parque Miño e conexión con LP Fingoi (Lugo).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

• Liña aérea de media tensión a 20 kV Tablicia, con orixe na liña soterrada de media tensión proxectada Tablicia e final na liña aérea de media tensión existente Tablicia, cunha lonxitude de 64 metros, en condutor tipo LA-280.

• Liña soterrada de media tensión a 20 kV Tablicia, treito entre CT Urbanización Saamasas e LMT aérea Tablicia, con orixe nunha cela de liña ubicada no CT Urbanización Saamasas proxectado e final nunha conversión no apoio proxectado P1 da liña aérea de media tensión Tablicia, cunha lonxitude de 220 metros, en condutor tipo RHZ1-400.

• Liña soterrada de media tensión a 20 kV CT Urbanización Saamasas, dirección CT Campo de Fútbol 12056, con orixe nunha cela de liña ubicada no CT proxectado Urbanización Saamasas e final na liña soterrada de media tensión existente dirección CT Campo de Fútbol 12056, cunha lonxitude de 775 metros, en condutor tipo RHZ1-240.

• Centro de transformación prefabricado proxectado Urbanización Saamasas, no cal se instalan tres celas de liña e unha de protección, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Centro de transformación prefabricado existente 14929 Continente 2, no cal se desmontan dúas celas de corte ao aire e se instalan dúas celas de liña, unha de protección de trafo e unha cela de protección con interruptor, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia instalada de 400 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Liña soterrada de baixa tensión do centro de transformación Urbanización Saamasas, con orixe no cadro de baixa tensión do CT, cunha lonxitude de 163 metros, en condutor tipo XZ1.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos decretos 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente o seu dereito.

Lugo, 23 de setembro de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo