Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 30 de setembro de 2019 Páx. 43072

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 114/2019, do 12 de setembro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Ramirás de varios treitos antigos da OU-531. Xinzo de Limia-Cortegada (OU-801).

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Ramirás solicitou á Axencia Galega de Infraestruturas a cesión gratuíta da titularidade de viarios sobrantes (treitos antigos) da estrada OU-531 que se orixinaron polas obras de mellora e acondicionamento da OU-531. Estes treitos son denominados como V-32 (puntos quilométricos: 32+200 - 32+330 ME), V-35 (puntos quilométricos: 32+920 - 33+060 MD), V-36 (puntos quilométricos: 33+180 - 33+260 ME), V-37 (puntos quilométricos: 33+560 - 33+660 ME) e V-47 (puntos quilométricos: 38+480 - 38+560 MD).

O concello fundamenta a súa solicitude na necesidade de terreos para mellorar as infraestruturas e equipamentos públicos.

Todos os treitos solicitados constitúen treitos antigos da estrada OU-531 que carecen de funcionalidade dentro da Raega, agás o treito V-47 (puntos quilométricos 38+480 ao 38+560 MD) que, pola súa proximidade ao tronco, ten consideración de sobreancho da estrada autonómica OU-531 polo que non pode ser obxecto de transferencia.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día doce de setembro de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Artigo 1

– Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Ramirás de:

Denominación

PQi

Coordenadas UTM(ETRS89)

PQf

Coordenadas UTM(ETRS89)

Marxe

Lonxitude

Treito antigo da OU-531

32+200

X=582.443 Y=4.669.925

32+330

X=582.317 Y=4.669.919

ME

130 m

Treito antigo da OU-531

32+920

X=581.884 Y=4.670.233

33+060

X=581.820 Y=4.670.337

MD

140 m

Treito antigo da OU-531

33+180

X=581.713 Y=4.670.379

33+260

X=581.636 Y=4.670.417

ME

80 m

Treito antigo da OU-531

33+560

X=581.367 Y=4.670.510

33+660

X=581.273

Y=4.670.558

ME

100 m

Artigo 2

En aplicación dos puntos 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Ramirás deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Correspóndelle ao Concello de Ramirás, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, doce de setembro de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade