Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 30 de setembro de 2019 Páx. 43071

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 24 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía por segunda vez o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR905A).

BDNS (Identif.): 439402.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes

Amplíase ata o 31 de outubro de 2019, inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto na Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR905A).

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2019

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración