Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 30 de setembro de 2019 Páx. 43069

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía por segunda vez o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR905A).

No Diario Oficial de Galicia núm. 32, do 14 de febreiro de 2019, publicouse a Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

No artigo 8 da dita resolución establécese que o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de agosto de 2019, inclusive.

Con anterioridade ao remate deste prazo publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 163, do 29 de agosto de 2019, a Resolución do 19 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 ata o 30 de setembro de 2019 inclusive.

Próximo a rematar o prazo de presentación de solicitudes, e á vista de que aínda resta crédito nunha contía que permite atender un número superior de solicitudes, e co fin de garantir a maior eficacia posible das referidas axudas, considérase oportuno ampliar novamente o prazo de presentación de solicitudes.

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación de prazo

Ampliar ata o 31 de outubro de 2019, inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto na Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2019

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración