Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 43021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a notificación dunha resolución relativa á zona de concentración parcelaria de Baio (Zas-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación dunha resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural relativa á zona de concentración parcelaria de Baio (Zas-A Coruña) sen podérselle efectuar á persoa interesada, notifícanselle por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) tal como se sinala no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 11 de setembro de 2019

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

32228578N

Resolución

Baio (Zas-A Coruña)