Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 43022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publican varias notificacións relativas a resolucións polas cales se modifican as bases definitivas da concentración parcelaria da zona de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña).

Con data do 23 de xullo de 2019, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural ditou varias resolucións polas cales modificaba as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña) pola inclusión e exclusión de diversas parcelas.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación das resolucións mencionadas no parágrafo anterior sen que a varias das persoas interesadas se lles puidese efectuar, notifícanselles por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) aos propietarios que se sinalan no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñeceren o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 11 de setembro de 2019

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Persoa interesada

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Dolores Gómez Otero

Resolución

Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña)

Manuel Antonio Pérez Otero

Resolución

Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña)

Orendina Pérez Otero

Resolución

Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña)

Carmen Gómez Otero

Resolución

Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña)

José Gómez Otero

Resolución

Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña)

Juan Pérez Otero

Resolución

Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña)

76508559W

Resolución

Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña)