Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 43024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a resolución relativa á revisión cartográfica e documental do Acordo de concentración parcelaria da zona de Santa María de Nebra (Porto do Son-A Coruña).

Con data do 26 de xuño de 2019, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, co fin de obter a coordinación entre os datos gráficos e os alfanuméricos de diversos predios resultantes do Acordo de concentración parcelaria da zona de Santa María de Nebra (Porto do Son-A Coruña), ditou unha resolución pola que levaba a cabo a revisión cartográfica e documental do acodo da dita zona de concentración.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación da resolución mencionada no parágrafo anterior, sen que se puidese efectuar, notifícaselles, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) aos propietarios que se sinalan no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 11 de setembro de 2019

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

76490625P

Resolución

Santa María de Nebra (Porto do Son-A Coruña)

33116170B

Resolución

Santa María de Nebra (Porto do Son-A Coruña)

35961318J

Resolución

Santa María de Nebra (Porto do Son-A Coruña)

37863781P

Resolución

Santa María de Nebra (Porto do Son-A Coruña)

José Sobrado Blanco

Resolución

Santa María de Nebra (Porto do Son-A Coruña)