Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 43020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de setembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Cova Terreña, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa María de Fóra, na parroquia de Baiona (Santa María de Fóra), do concello de Baiona.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 26 de marzo de 2019, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Baiona.

Parroquia: Santa María de Fóra.

Nome do monte: Cova Terreña.

Cabida: 7.969,33 m2 (superficie alegada na solicitude).

Ref. catastral: 54003A015000220000HW.

Estremas:

Polígono

Parcela

Titular

Norte

--------------

--------------

Vía asfaltada do barrio da Anunciada

Sur

15

23

Roberto González Varela

Leste

15

25 e 34

Monte veciñal en man común de Baiona

Oeste

19

8

Carolina Trigo Pereira (camiño Longueiriña-Baiona, 73)

Ref. catastral 2428901NG1622N0001SG

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 5 de setembro de 2019

Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora