Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 26 de setembro de 2019 Páx. 42663

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 17 de setembro de 2019 pola que se amplían os prazos máximos de execución e de presentación da solicitude de cobramento da Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

BDNS (Identif.): 381725.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Redistribución dos créditos orzamentarios

Redistribúense os créditos dispoñibles para concesiónsque quedan establecidos con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7704, por un importe de 2.000.000 € con cargo ao exercicio 2018, por un importe de 608.500 € con cargo ao exercicio 2019 e por un importe de 1.891.500 € con cargo ao exercicio 2020.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2019

O xerente do Instituto Galego de de Promoción Económica
P.S. (Resolución do 15.7.2019)
Norberto Penedo Rey
Director da Área de Competitividade