Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 26 de setembro de 2019 Páx. 42664

III. Outras disposicións

Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2019 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019

Adela Quinzá-Torroja García
Xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo Issga

Data de sinatura

Acordo de prórroga do convenio de cooperación educativa entre o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado universitario en prevención de riscos laborais e riscos comúns

A realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado universitario en prevención de riscos laborais e riscos comúns

0,00 €

11.6.2019

Acordo de prórroga do convenio de cooperación educativa entre o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado universitario en prevención de riscos laborais

A realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado universitario en prevención de riscos laborais

0,00 €

19.6.2019