Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 25 de setembro de 2019 Páx. 42476

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2019 pola que se lles dá publicidade aos convenios e protocolos de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

Coa finalidade de incrementar a transparencia e a difusión da actividade desenvolvida polo Consello de Contas,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Consello de Contas de Galicia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Consello de Contas de Galicia
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2019

Convenio

Importe €

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Tribunal de Contas e o Consello de Contas de Galicia sobre medidas de coordinación en relación coa rendición telemática das contas xerais e a remisión de información relativa aos contratos, os convenios e o control interno das entidades locais do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

0 €

9.7.2019

Convenio de colaboración entre o Consello de Contas de Galicia e a Fundación para a Formación e Investigación en Auditoría del Sector Público (Fiasep), para a formación e mellora das competencias profesionais do persoal do Consello de Contas de Galicia.

3.500 €

3.7.2019