Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 25 de setembro de 2019 Páx. 42477

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2019 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal desta institución correspondentes ao exercicio 2019.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, na súa reunión do 19 de xullo, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal encadradas nos fondos de acción social para o exercicio 2019: axudas para a atención a discapacitados. As ditas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución e o prazo de presentación de solicitudes queda aberto, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, durante quince días hábiles.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia