Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 25 de setembro de 2019 Páx. 42474

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2019 pola que se modifican os prazos para a anualidade 2019 establecidos no artigo 4 e no artigo 25 da Resolución do 29 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Talento Sénior), e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

O 11 de xuño de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 29 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Talento Sénior), e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

O artigo 4.1 desta resolución establecía os seguintes prazos de xustificación:

Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria as contratacións de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia, que se formalicen desde o día 1 de xaneiro de 2019 ata o 1 de outubro de 2019, ambas inclusive.

O artigo 25.1.A desta resolución establecía os seguintes prazos de xustificación:

Primeira anualidade: o 50 % do importe concedido no prazo de 10 días hábiles contados a partir da data do contrato subscrito e, en todo caso, antes do 1 de decembro de 2019.

Tendo en conta a demora na resolución das devanditas axudas, motivado pola complexidade do proceso de avaliación destas, e co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación das axudas concedidas para o ano 2019 por parte dos beneficiarios resultantes e dado que non causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación para o ano 2019 establecido nos artigos 4.1 e 25.1.A da convocatoria.

En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación, e coa habilitación outorgada pola disposición derradeira primeira da resolución da convocatoria

RESOLVO:

Artigo único. Modificación do artigos 4.1 e 25.1.A da Resolución do 29 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Talento Sénior), e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

O artigo 4.1 da citada resolución queda redactado do seguinte xeito:

Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria as contratacións de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia, que se formalicen desde o día 1 de xaneiro de 2019 ata o 1 de decembro de 2019, ambas inclusive.

O artigo 25.1.A da citada resolución queda redactado do seguinte xeito:

Primeira anualidade: o 50 % do importe concedido no prazo de 10 días hábiles contados a partir da data do contrato subscrito e, en todo caso, antes do 10 de decembro de 2019.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación