Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40766

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 2034/2018).

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 2034/2018-RJ.

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 721/2016 Xulgado do Social número 5 da Coruña.

Recorrentes: María Vanessa Rodríguez Canzobre, Hugo Meilán Rodríguez.

Avogada: Marina Isabel Álvarez Santos.

Procurador: Luis Ángel Painceira Cortizo.

Recorridos: Fogasa, Constructora San José, S.A., Francisco José Cabeza, S.L., Reforlema, S.L., Construcciones Nansus, S.L., Construcciones Eugenio Nava Viar, S.A.

Avogado/a: letrado de Fogasa, Miguel Vizcaíno Fernández de Casadevante, José Rafael Nieto Olano.

Procuradores: Juan Lage Fernández-Cervera, Jorge Bejerano Pérez.

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza e da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no recurso de suplicación número 2034/2018 desta sala seguido por instancia de María Vanessa Rodríguez Canzobre e Hugo Meilán Rodríguez contra o Fogasa, Constructora San José, S.A., Francisco José Cabeza, S.L., Reforlema, S.L., Construcciones Nansus, S.L. e Construcciones Eugenio Nava Viar, S.A. sobre outros dereitos seg. social, foi ditada dilixencia de ordenación pola cal se acorda notificar a resolución ditada polo Tribunal Supremo no recurso para a unificación de doutrina que se interpuxo no seu día:

«Parte dispositiva. A Sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo procurador Luis Painceira Cortizo, en nome e representación de María Vanesa Rodríguez Canzobre e Hugo Meilán Rodríguez e baixo a dirección letrada de Marina Isabel Álvarez Santos, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 24 de outubro de 2018, no recurso de suplicación número 2034/2018, interposto por María Vanesa Rodríguez Canzobre e Hugo Meilán Rodríguez, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña do 6 de outubro de 2017, no procedemento número 721/2016 seguido por instancia de María Vanesa Rodríguez Canzobre e Hugo Meilán Rodríguez contra Constructora San José, S.A., Francisco José Cabeza, S.L., Reforlema, S.L., Construcciones Nansus, S.L., Construcciones Eugenio Nava Viar, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre dereito e cantidade. Declárase a firmeza da sentenza impugnada sen imposición de custas á parte recorrente. Contra este auto non cabe recurso ningún».

E para que sirva de notificación en legal forma ás empresas Reforlema, S.L., Construcciones Nansus, S.L. e Construcciones Eugenio Nava Viar, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza