Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 19 de setembro de 2019 Páx. 40645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 12 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, para a notificación do acordo de execución de sanción recaída en expediente disciplinario do 29 de agosto de 2019.

Intentouse a notificación do acordo de execución de sanción recaída en expediente disciplinario, ditado pola xefa territorial de Lugo, no seu domicilio, intento que resultou infrutuoso. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada que se indica a continuación de que a xefa territorial ditou resolución no procedemento que se indica a seguir:

Persoa interesada: Ana María Abella Val.

Procedemento: acordo de execución de sanción ditada en expediente disciplinario.

A persoa interesada poderá solicitar unha copia desa resolución mediante comparecencia no prazo máximo de dez (10) días hábiles, de luns a venres (agás festivos), das 10.00 ás 13.00 horas, nas dependencias da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no Edificio Administrativo Multiúsos, na cidade de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo. O prazo comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Se transcorrido o dito prazo non comparecese, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 12 de setembro de 2019

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Decreto 138/2018, do 8 de novembro, DOG do 16 de novembro)
Silvia Cereijo Villares
Xefa do Servizo de Recursos Humanos