Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 19 de setembro de 2019 Páx. 40646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 9 de setembro de 2019 pola que se corrixe o erro observado na publicación no Diario Oficial de Galicia número 119, do 25 de xuño, da Cédula do 21 de maio de 2019 pola que se notifica o requirimento de documentación correspondente ao mantemento do investimento na protección da propiedade industrial do proxecto IN525A-2014/004, cuxa notificación por oficio foi devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), despois de intentar sen éxito a notificación do requirimento de documentación correspondente ao mantemento do investimento na protección da propiedade industrial do proxecto IN525A-2014/004 no último domicilio social coñecido de Juan Luis Benito Garrote, notifícase por medio da presente cédula no Boletín Oficial del Estado aos interesados o contido do dito acto como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento del.

En aplicación do establecido no artigo 14 da Resolución do 30 de decembro de 2013 pola que establécense as bases reguladoras para a concesión das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, concédeselle ao beneficiario da subvención do proxecto IN525A-2014/004 un prazo de 10 días para presentar a documentación que se indica no citado requirimento. De non atender o devandito requirimento, teráselle por incumpridas as obrigas contidas na mencionada resolución no referente ao mantemento das actividades subvencionadas durante un período mínimo de cinco anos, logo de resolución, que será ditada nos termos establecidos no artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse nas dependencias da Axencia Galega de Innovación, sita na rúa Airas Nunes, s/n, 15702 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2019

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Proxecto: IN525A-2014/004.

Nome ou razón social: Juan Luis Benito Garrote.

CIF/NIF: ***3765**.

Axuda: Resolución do 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN525A).

Contido do acto: requirimento de documentación correspondente ao mantemento do investimento na protección da propiedade industrial.