Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 19 de setembro de 2019 Páx. 40643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente IN407A 2019/102-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: RET. LMT SJG804 N-541.

Situación: Cerdedo-Cotobade.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ, de 158 metros de lonxitude, con orixe no paso aerosubterráneo (PAS) no apoio proxectado nº 2 (C-2000-12) e final no PAS no apoio proxectado nº 3 (C-2000-12). Retensado do van comprendido entre o apoio 0 da LMT SJG804 e o proxectado nº 2 (154 metros) e do comprendido entre o apoio proxectado nº 3 e o 5 da SJG804. A instalación está situada en Cerdedo, concello de Cerdedo-Cotobade.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II do título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 30 de agosto de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra