Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 19 de setembro de 2019 Páx. 40641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2019/157-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: RET. LMTA VLG807 entre CT A Carabuxeira e a derivación ao CT Seixalbo.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ, de 387 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación A Carabuxeira e final no apoio proxectado C-3000/16, do cal continúa aérea, con condutor LA-110, 104 metros, finalizando no apoio existente 9TTK2DI//23 de derivación ao centro de transformación Seixalbo. A instalación está situada en Padriñán (Sanxenxo).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual. No mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Adicionalmente, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto está dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 30 de agosto de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Concello: Sanxenxo; lugar: Reis-Padriñán; titular: IsidoroTorres Carballa; afección: 1,69 m2 para o apoio 1; 9,88 m2 para rede de terras; 4 m de liña aérea con 42,32 m2 de voo e 23,63 m2 para 9 m de liña subterránea.

Predio 2. Concello: Sanxenxo; lugar: Montiño; titular: José Javier Abal Gómez; afección: 10 m de liña aérea con 52,33 m2 de voo.

Predio 3. Concello: Sanxenxo; lugar: Montiño; titular: José Javier Abal Gómez; afección: 11 m de liña aérea con 62,70 m2 de voo.

Predio 4. Concello: Sanxenxo; lugar: Montiño; titular: José Javier Abal Gómez; afección: 1 m de liña aérea con 60,95 m2 de voo.

Predio 5. Concello: Sanxenxo; lugar: Reis-Padriñán; titular: José Carlos Otero Rodríguez; afección: 10 m de liña aérea con 8,52 m2 de voo.

Predio 6. Concello: Sanxenxo; lugar: Seixalbo-Padriñán; titular: Pilar Pérez Vilavedra; afección: 26 m de liña aérea con 65,73 m2 de voo.

Predio 7. Concello: Sanxenxo; lugar: Seixalbo-Padriñán; titular: descoñecido; afección: 8 m de liña aérea con 10,78 m2 de voo.

Predio 8. Concello: Sanxenxo; lugar: Seixalbo-Padriñán; titular: descoñecido; afección: 12 m de liña aérea con 7,82 m2 de voo.