Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 19 de setembro de 2019 Páx. 40600

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 2 de setembro de 2019, da concesión das subvencións ao abeiro da Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa Voluntariado Sénior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS508C).

No Diario Oficial de Galicia núm. 112, do 14 de xuño de 2019, publícase a Orde do 3 de xuño de 2019 (DOG núm. 112, do 14 de xuño), da Consellería de Política Social, pola que se regulan as bases das axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa Voluntariado Sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS508C).

De conformidade co artigo 14 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social.

Así mesmo, o artigo 15 da mesma orde, establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución de concesión do 2 de setembro de 2019, para o procedemento BS508C de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa de Voluntariado Sénior.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 2 de setembro esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2019

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 2 de setembro de 2019 ditada no procedemento BS508C de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa Voluntariado Sénior

Vista a proposta de resolución do Servizo de Voluntariado e Participación, de conformidade co disposto no artigo 12 da Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa Voluntariado Sénior,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a axuda ás entidades locais propostas no anexo I, ao abeiro da Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa de Voluntariado Sénior.

Esta concesión resulta da aplicación dos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 55.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.312B.460.0.

Segundo. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria propostas no anexo II, ao abeiro da Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa de Voluntariado Sénior.

Esta concesión resulta da aplicación dos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 65.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.312B.481.0.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 3 de xuño de 2019 e, especialmente, ás establecidas no artigo 21.

A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 17 da convocatoria.

Así mesmo, o pagamento das axudas realizarase de acordo co previsto no artigo 19 da mesma convocatoria.

Terceiro. Denegar e/ou inadmitir as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa concreta que motivou a denegación ou inadmisión.

Cuarto. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019. A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 14 e disposición adicional segunda da Orde do 3.6.2019). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Axudas concedidas a entidades locais

Concesións conxuntas.

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2019/008

Concello de Monterrei

P3205100E

Ourense

59

6.000,00 €

Concesións individuais.

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2019/031

Concello de Padrón

P1506600D

A Coruña

64

1.000,00 €

2

2019/021

Concello de Vedra

P1509000D

A Coruña

54

2.400,00 €

3

2019/030

Concello de Ponteceso

P1506900H

A Coruña

51

2.400,00 €

4

2019/013

Concello de Cabana de Bergantiños

P1501400D

A Coruña

50

800,00 €

5

2019/023

Concello de Santa Comba

P1507800I

A Coruña

50

540,00 €

6

2019/020

Concello de Mondoñedo

P2703000F

Lugo

51

800,00 €

7

2019/012

Concello de Cervo

P2701300B

Lugo

50,5

2.400,00 €

8

2019/003

Concello de Castrelo de Miño

P3202300D

Ourense

61,5

2.400,00 €

9

2019/033

Concello da Veiga

P3208400F

Ourense

50

2.400,00 €

10

2019/004

Concello de Cangas-Oficina Municipal de Voluntariado

P3600800A

Pontevedra

50

2.400,00 €

11

2019/032

Concello de Lalín

P3602400H

Pontevedra

50

800,00 €

ANEXO II

Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria

Concesións individuais.

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2019/022

Grupo Compostela de Universidades

G15520307

A Coruña

64

1.200,00 €

2

2019/025

Ong Mestura, para la Integración Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes

G15940414

A Coruña

64

2.400,00 €

3

2019/026

Asociación Protectora de Animais do Camiño

G70459045

A Coruña

63

2.400,00 €

4

2019/001

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

A Coruña

60,5

2.400,00 €

5

2019/016

Acción Familiar Ferrol

G15745466

A Coruña

54

1.270,00 €

6

2019/038

Asociación Protectora de Animales San Francisco de Asís

G15655285

A Coruña

52

2.400,00 €

7

2019/018

Asociación Tesouros de Galicia

G94065000

A Coruña

51

2.400,00 €

8

2019/037

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

A Coruña

51

1.650,00 €

9

2019/006

Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental

G15983570

A Coruña

50

2.400,00 €

10

2019/009

Sociedade Recreativa San Xoán de Calo

G15069883

A Coruña

50

2.400,00 €

11

2019/019

Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, Ategal

G15496607

A Coruña

50

1.225,00 €

12

2019/027

Asociación Cultural Monte Branco

G15066384

A Coruña

50

2.400,00 €

13

2019/028

Asociación de Vecinos Afectados por Infraestructuras en el Municipio de Cambre

G15928088

A Coruña

50

2.400,00 €

14

2019/029

Asociación Socio Cultural ASCM

G15161573

A Coruña

50

2.400,00 €

15

2019/011

Asociación Aliad-Ultreia

G27021120

Lugo

50,5

600,00 €

16

2019/036

Valoresc Innovation

G70377585

Ourense

64

2.400,00 €

17

2019/002

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense, Afaor

G32198970

Ourense

63,5

2.400,00 €

18

2019/017

Natural Ardai, Terapia, Ocio y Formación

G32456097

Ourense

54,5

2.400,00 €

19

2019/010

Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de A Mezquita

G32167900

Ourense

51

2.400,00 €

20

2019/014

Asociación Xuvenil Amencer

G32025405

Ourense

50,5

1.500,00 €

21

2019/005

Asociación Acción Solidaria de Galicia, Asdegal

G27727593

Pontevedra

63,5

2.400,00 €

22

2019/015

Asociación Xaruma

G27746486

Pontevedra

63,5

2.400,00 €

23

2019/024

Escola de Tempo Libre Xaruma

G36817385

Pontevedra

54

2.400,00 €

24

2019/035

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

G27753268

Pontevedra

52

2.400,00 €

25

2019/034

Asociación Protectora de Animais
Bai.Senpulgas

G27805910

Pontevedra

50

1.200,00 €

ANEXO III

Solicitudes inadmitidas ou denegadas

Renuncias.

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Causa da inadmisión ou denegación

1

2019/007

Club EMEVE

G27041490

Lugo

Presentado escrito de renuncia