Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 19 de setembro de 2019 Páx. 40605

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15.2.2016), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2019, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 13 de maio de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no primeiro cuadrimestre do ano 2019 (DOG núm. 96, do 22 de maio de 2019), dáse publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no primeiro cuadrimestre do 2019 pola Axencia Turismo de Galicia, que se incorporan como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2019

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I

Convenio

Data sinatura

Importe €

2019

2020

2021

2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do Máster universitario en dirección e planificación do turismo interior e de saúde

6.5.2019

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a axencia estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas, M.P. (CSIC) para a celebración do 12th International Colloquium Compostela Pilgrimage Studies in the 21ST Century a través do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS)

4.6.2019

15.000 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, o Concello de Xinzo de Limia e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración do entroido

13.5.2019

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e Cursos Internacionais da USC, S.L. para a realización de accións promocionais do Camiño de Santiago

11.7.2019

33.000 €

Convenio de colaboración entre a Secretaría de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e a Axencia Turismo de Galicia, en materia de calidade, produtos turísticos, innovación, accesibilidade e sustentabilidade turística

13.6.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, o concello de Catoira e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Romaría Vikinga 2019.

13.5.2019

50.000 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, a Asociación Cultural Festas do Mar de Muxía e Abanca Corporación Bancaria S.A. para a celebración da Romaría da Nosa Sra. da Barca 2019.

16.5.2019

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, o concello de Baiona e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Festa da Arribada da Carabela Pinta 2019

13.5.2019

50.000 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia e o concello de Cambados para a celebración da Festa do Viño Albariño 2019

9.5.2019

50.000 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia e o concello do Grove para a celebración da Festa do Marisco 2019

7.5.2019

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Meigas da las Hogueras de San Juan de la Coruña para a celebración da Festa das Fogueiras de San Juan 2019

7.5.2019

50.000 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, a Fundación Festa da Istoria e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Festa da Istoria 2019

14.6.2019

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, Información e Comunicación Local, S.A. (Incolsa) e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración das Festas do Apóstolo 2019

13.5.2019

50.000 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, o concello de Ortigueira e Abanca Corporación Bancaria S.A. para a celebración do Festival Internacional do Mundo Celta

13.5.2019

50.000 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, o concello de Ponteareas e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Festa do Corpus Christi 2019

13.5.2019

50.000 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia e o concello do Carballiño para a celebración da Festa do Pulpo 2019

9.5.2019

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, o concello da Estrada e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo de 2019

16.5.2019

50.000 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, o concello de Arbo e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da LIX Festa da Lamprea de Arbo

16.5.2019

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, o concello de Vilagarcía de Arousa e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración das Festas de San Roque 2019

13.5.2019

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, o concello de Lugo e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración das Festas do Arde Lucus

14.6.2019

30.000 €

Convenio entre a Axencia Turismo de Galicia e AENA S.M.E., S.A. para a realización de enquisas dentro do recinto aeroportuario dos aeroportos de Santiago, A Coruña e Vigo

10.6.2019

Sen achega económica

Convenio de cooperación educativa entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas

16.5.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Semana Verde de Galicia para o apoio á celebración de Turexpo Galicia 2019, VIII Edición do Salón Turístico de Galicia

3.5.2019

75.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Bispado de Lugo para a apertura de igrexas no Camiño

3.6.2019

140.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) para a realización de actividades de dinamización turística na provincia de Ourense

16.5.2019

65.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos para a realización de actividades de promoción e información turística no Xeodestino As Mariñas

12.7.2019

38.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico e Social (Inorde) para a realización de actividades de valorización dos recursos turísticos no Xeodestino Nº 10 Celanova-Baixa Limia

12.7.2019

33.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Pontevedra Norte para a realización de actividades de promoción e información turística no Xeodestino Deza-Tabeirós

12.7.2019

28.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico e Social (Inorde) para a realización de actividades de valorización dos recursos turísticos no Xeodestino nº 12 Manzaneda-Trevinca

12.7.2019

33.000 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade Terras do Avia para a realización de actividades de promoción e información turística no Xeodestino O Ribeiro

12.7.2019

38.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural para a realización de actividades de promoción e información turística no Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

15.7.2019

28.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia para a realización de actividades de valorización dos recursos turísticos no Xeodestino Ría de Muros-Noia

15.7.2019

38.000 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade de municipios da Comarca de Verín para a realización de actividades de promoción e información turística no Xeodestino Verín-Viana

12.7.2019

28.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o GDR- Asociación Terras de Compostela e o GDR-Asociación Ulla-Tambre Mandeo para a realización de actividades de promoción e información turística no Xeodestino Terras de Santiago

12.7.2019

28.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o Organismo Autónomo Instituto de Estudos do Territorio, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Fundación Galicia Sustentable para o Desenvolvemento da Senda dos Faros

13.5.2019

50.000 €

50.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares para a realización de varios concertos de música en Santiago de Compostela- Programa Música no Camiño

31.5.2019

60.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Palas de Rei para a apertura e visitas públicas ao Castelo de Pambre

20.8.2019

20.000 €

20.000 €

20.000 €

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia e o Concello de Folgoso do Courel para o proxecto de soterramento da Liña de alta tensión na contorna do Castelo do Carbedo

24.5.2019

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Feiras e Exposición de Ourense (Expourense) para a celebración da Feira Internacional de Turismo Termal, Termatalia 2019

24.5.2019

50.000 €

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Axencia Turismo de Galicia e a S.A.M.I. Catedral de Santiago, para o desenvolvemento da Cátedra Institucional O camiño de Santiago e as Peregrinacións

7.8.2019

30.000 €

30.000 €

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o Inega e a Fundación Catedral de Santiago para o proxecto de iluminación do Museo da Catedral de Santiago

14.6.2019

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Seminario Maior Compostelano para a posta en valor do Mosteiro de San Martín Pinario

17.7.2019

255.000 €

230.000 €

140.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Grupo Compostela de Universidades para Desenvolvemento do Encontro Internacional de reitores no Camiño de Santiago

10.6.2019

12.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Nove Grupo Gastronómico para a promoción da Gastronomía de Galicia

19.7.2019

90.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Montes e Vales Orientais para a realización de actividades de promoción e información turística no Xeodestino Ancares-Courel

12.7.2019

28.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Condado-Paradanta para a realización de actividades de promoción e información turística no Xeodestino Condado-Paradanta

12.7.2019

28.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Liceo de Ourense para a realización de actuacións de reparación do Liceo

11.7.2019

100.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela, S.L. para a realización de prácticas académicas extracurriculares de alumnos de cursos internacionais da Universidade de Santiago de Compostela, S.L.

19.6.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Juana de Vega para o desenvolvemento do proxecto de mellora da imaxe pasisaxística dos Camiños de Santiago

2.8.2019

88.982,48 €

103.973,80 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Arcebispado de Santiago de Compostela para a apertura de igrexas no Camiño

6.8.2019

76.527 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia y el Instituto para la Calidad Turística Española para el proyecto Galicia: Apostando por la Calidad

12.8.2019

104.000 €

146.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Monterrei para a limpeza, conservación e mantemento do contorno do castelo de Monterrei

12.8.2019

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), o Clúster TIC Galicia e o Clúster de Turismo para o desenvolvemento do deseño e implementación dunha ferramenta de xestión e axuda á toma de decisions en hotelería (Hoxegal)

20.8.2019

40.000 €

Convenio entre a Axencia Turismo de Galicia, a SA de Xestión do Plan xacobeo e Aspanaes para a cesión de uso do edificio do camping situado no parque do Monte do Gozo

13.8.2019

593.868 €

171.028,78 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o concello de Crecente para a adecuación do acceso á Fonte do Ceo na parroquia de Filgueira

28.8.2019

18.518,22 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Quiroga para a ampliación do Museo Xeolóxico municipal de Quiroga

13.8.2019

65.000 €

15.000 €

ANEXO II

Convenio

Data sinatura

Importe €

2019

2020

2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismos de Galicia e a Asociación Xuventudes Musicais Eixo Atlántico para o proxecto Camiños Sonoros: Vía da Prata 2019

1.4.2019

135.903,45 €

Convenio de colaboración entre la Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do Máster universitario en turismo urbano e xestión de empresas turísticas

30.4.2019

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, a Xunta Xeral de Confrarías e Hermandades da Semana Santa de Ferrol e Abanca Corporación Bancaria S.A. para a celebración da Semana Santa 2019

12.4.2019

50.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Semana Santa 2019

10.4.2019

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago para a mellora da atención aos peregrinos e visitantes

22.4.2019

300.000 €

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Instituto Enerxético de Galicia, a Axencia Turismo de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello da Veiga para a realización do proxecto Construción do Observatorio Astronómico na Veiga

29.4.2019

Sen achega económica