Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 11 de setembro de 2019 Páx. 39922

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO do 9 de agosto de 2019 de delegación de competencias do Concello de Barro para desenvolver as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa polos servizos de abastecemento, saneamento e depuración de augas residuais no polígono industrial de Outeda-Curro.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de xullo de 2019, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello de Barro por acordo da Xunta de Goberno Local na sesión con data do 19 de xullo de 2019, das facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación en voluntaria e executiva dos ingresos correspondentes a taxa por prestación dos servizos de abastecemento, saneamento e depuración de augas residuais no polígono industrial de Outeda-Curro, con carácter transitorio ata a data de inicio da concesión que se adxudique para a xestión de ditos servizos.

A citada delegación aprobada posteriormente polo Pleno do Concello de Barro na sesión do día 31 de xullo de 2019 realizarase pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 9 de agosto de 2019

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2019014387, do 2.8.2019)
Santos Héctor Rodríguez Díaz
Deputado delegado da Área de Réxime Interior,
Economía, Facenda, Novas Tecnoloxías e Oral

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra