Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 11 de setembro de 2019 Páx. 39921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 2 de setembro de 2019, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as resolucións de baixa da autorización turística dos establecementos que se relacionan.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), faise pública a resolución, recaída nos expedientes de baixa dos establecementos relacionados, polo cesamento da súa actividade, xa que, intentada a notificación, non se puido practicar polos medios habituais.

Contra as ditas resolucións, que esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, todo iso, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

Ourense, 2 de setembro de 2019

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento

Titular

Enderezo

Concello

Rest. Residencia Sanitaria

Servicio de Hostelería Aguinchos, S.L.

Rampa de Sas, 12-6º C

Ourense

Caftª. Residencia Sanitaria

Servicio de Hostelería Aguinchos, S.L.

Rampa de Sas, 12-6º C

Ourense

Café bar Xacobeo 2,0

Barreiros López, Iván

Avda. Vistahermosa, 1

Ourense

Café bar La Columna

Taberna La Columna, S.L.

Hernán Cortés, 12

Ourense

Café bar Cartucho

Tudorache, María

Murcia, 5 baixo

O Carballiño

Café bar Pub La Roca

González Sepúlveda, Eva

Hernán Cortés, 43

Ourense

Café bar Escario

Gamallo Bouza, Mª del Pilar

García Mosquera, 13

Ourense