Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 11 de setembro de 2019 Páx. 39923

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oza-Cesuras

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de dotacións para situar un edificio de usos múltiples en Borrifáns (Oza-Cesuras).

Tras a aprobación inicial, por Acordo da Xunta de Goberno local do Concello de Oza-Cesuras (A Coruña) do 3 de setembro de 2019, do Plan especial de dotacións para situar un edificio de usos múltiples en Borrifáns, Oza-Cesuras, de conformidade co establecido no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que se publicarán no DOG e nun dos xornais de maior difusión na provincia. O referido prazo contará a partir da inserción do anuncio no DOG.

Durante o dito prazo poderá examinar o documento técnico, así como o expediente administrativo, calquera interesado nas dependencias da secretaría deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e seren formuladas as alegacións que se consideren oportunas.

Ao abeiro do disposto no artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, as licenzas quedan suspendidas en todo o ámbito territorial do plan especial de dotacións obxecto de aprobación inicial durante o prazo máximo de dous anos. En calquera caso esta suspensión extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Oza-Cesuras, 3 de setembro de 2019

José Pablo González Cacheiro
Alcalde