Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 9 de setembro de 2019 Páx. 39650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, do requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do parque eólico Serra das Penas (expediente 079-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícase ás persoas interesadas o requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do parque eólico de Serra das Penas, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 13 de agosto de 2019

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Patricia Dans Grela
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

ANEXO

Expediente: 079-EOL.

Denominación: parque eólico Serra das Penas (concello de Paradela).

Requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación.

Predio

Pol.

Parc.

Propietario

92

18

1171

José Rodríguez López