Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 9 de setembro de 2019 Páx. 39649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai público o proxecto de solicitude para a reclasificación da autorización de aproveitamento denominada Rilo número 349 de sección A) á sección C), sita no concello de Leiro (Ourense).

De conformidade coa Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, artigo 23.4, faise público o proxecto de solicitude para a reclasificación da autorización para o aproveitamento de recursos da sección A) Rilo número 349 como sección C), conforme o disposto no Real decreto 107/1995, do 27 de xaneiro, polo que se fixan os criterios de valoración para configurar a sección A) da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas (BOE núm. 176, do 24 de xullo), sobre unha superficie de dúas (2) cuadrículas mineiras, no concello de Leiro, promovido pola sociedade Granitos, Excavaciones y Construcciones, S.L.

O proxecto pódese consultar, durante o prazo de 30 días a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias deste servizo (Curros Enríquez, nº 1, 3º andar).

Ourense, 10 de xullo de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense