Expediente: IN407A 2018/27-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: modificado 1 para o recuamento da LMT GRN-708 na área recreativa de Seixedo.
Concello: Arteixo.
Feitos:
1. O 14 de maio de 2019, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.
4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas:
1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
6. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
7. As características técnicas da instalación son as seguintes:
– Liña de media tensión aérea GRN-708 a 15 kV, cunha lonxitude de 48 m, coa orixe no apoio núm. 45-3 proxectado para intercalar na LMT GRN-708 no treito da derivada aos CCTT Ponte (expediente 115/08) e Agramonte Agarimo (expediente 30572) e CT Ponte (expediente 115/08), condutor tipo LA-56 mm2 Al (existente), e remate no apoio núm. 45-4 existente da LMT GRN-708 (expediente 70/13) onde se realiza a derivada aos CCTT Ponte (expediente 115/08) e Agramonte Agarimo (expediente 30572).
– Liña de media tensión soterrada a 15 kV, cunha lonxitude de 480 m, coa orixe na cela de liña proxectada no CR Seixeda (expediente IN407A 2014/143-1), condutor tipo RHZ1-2OL12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate no paso aéreo-soterrado que se realizará no apoio núm. 45-3 proxectado, para intercalar na LMTA GRN-708 no treito da derivada aos CCTT Ponte (expediente 115/08) e Agramonte Agarimo (expediente 30.572).
– Centro de transformación en edificio prefabricado de formigón (expediente IN407A 2014/143-1) de 630 kVA (existente) con relación de transformación 15000/400 V onde se proxecta unha cela de liña.
– Desmontaxe treito de liña de media tensión aérea GRN-708 en condutor LA-56 entre o apoio existente núm. 45 e o apoio proxectado 45-3 a 15 kV nunha lonxitude de 258 m.
– Desmontaxe treito de liña de media tensión soterrada GRN-708 (expediente IN407A 2014/6-1) en condutor RHZ1 desde o apoio existente núm. 45-2 para retirar ata o apoio existente 45-2-1 a 15, nunha lonxitude de 65 m.
8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere pertinente.
Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A Coruña, 16 de agosto de 2019
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña