Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 9 de setembro de 2019 Páx. 39651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 14 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, do requirimento para a xustificación de solicitude de expropiación total do predio 92 afectado polo expediente de expropiación do parque eólico Serra das Penas (expediente 079-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícase ás persoas interesadas o requirimento para a xustificación de solicitude de expropiación total do predio 92 afectado polo expediente de expropiación do parque eólico de Serra das Penas, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 14 de agosto de 2019

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Patricia Dans Grela
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

ANEXO

Expediente: 079-EOL.

Denominación: parque eólico Serra das Penas (concello de Paradela).

Requirimento para xustificación de solicitude de expropiación total do predio 92.

Predio

Pol.

Parc.

Propietario

92

18

1171

José Rodríguez López