Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 5 de setembro de 2019 Páx. 38812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 19 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se dá publicidade á Resolución do 19 de xullo de 2019, pola que se acorda o establecemento dos servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada que se definen nos proxectos de explotación de claves XG603, XG630 e XG686, e se aproban o expediente de información pública e os citados proxectos de explotación.

Con data do 19 de xullo de 2019, a Dirección Xeral de Mobilidade emitiu resolución pola que, ao abeiro dos artigos 73.1 e 75.1 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, resolveu:

1. Acordar o establecemento dos servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada que se definen nos proxectos de explotación seguintes:

a) XG-603 comarca de Terra de Celanova.

b) XG-630 norte e leste da comarca de Noia.

c) XG-686 termos municipais de San Cristovo de Cea, Dozón e Piñor.

2. Aprobar o expediente de información pública dos proxectos de explotación a que se fai referencia neste anuncio.

3. Aprobar os proxectos de explotación a que se fai referencia neste anuncio e, como parte deles, os seus correspondentes estudos económico-financeiros, que serven como estudos de viabilidade das concesións de servizos públicos a que se refiren.

A documentación completa de todos os proxectos de explotación a que se refire este anuncio estará á disposición de todas as persoas interesadas no seguinte enderezo web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/seccion-tema/c/CIV_Transporte_de_viaxeiros?content=Direccion_Xeral_Mobilidade/Transporte_publico_Galicia/seccion.html&std=Proxectos_explotacion_Xullo_2019.html

Contra esa resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada, conforme o artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, ante o mesmo órgano que ditou o acto que se impugna ou ante a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

O que se fai público para o seu coñecemento xeral.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2019

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade