Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 5 de setembro de 2019 Páx. 38810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se notifica a resolución do expediente ANP-OU-0008/2019 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos/ás interesados/as que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do procedemento ANP-OU-0008/2019 e cinco máis.

Os actos foron adoptados polo subdirector xeral de Espazos Naturais, por delegación de sinatura (Resolución do 9 de agosto de 2019), en nome da directora xeral de Patrimonio Natural.

Os/as interesados/as poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, situadas na rúa San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2019

A directora xeral de Patrimonio Natural
Por delegación de sinatura (Resolución do 9.8.2019)
Juan Gómez Apesteguía
Subdirector xeral de Espazos Naturais

ANEXO

Expediente

DNI

Acto notificado

Acto adoptado por

ANP-OU-0008/2019

X7978677T

Resolución

Directora xeral de Patrimonio Natural

ANP-OU-0009/2019

X7978677T

Resolución

Directora xeral de Patrimonio Natural, por delegación da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANI-LU-0036/2018-V

G27487024

Resolución

Directora xeral de Patrimonio Natural

ANP-LU-0052/2018-V

33551110K

Resolución

Directora xeral de Patrimonio Natural, por delegación da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANI-OU-0100/2018

44472431E

Resolución

Directora xeral de Patrimonio Natural

ANI-OU-0047/2018-V

34924552H

Resolución

Directora xeral de Patrimonio Natural