Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 5 de setembro de 2019 Páx. 38816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2019/35-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Carsefal, S.L.

Domicilio social: estrada Salceda, km 1, Atios, 36400 O Porriño.

Denominación: LMTS, CS polígono PPI-6, parcela 59-60.

Situación: O Porriño

Características técnicas: LMT subterránea con condutor tipo RHZ1 18/30 kV 3×(1×240) mm2 de 122 metros de lonxitude, con orixe na cela de saída do CS proxectado e final na cela de entrada do CS existente Maviva, co obxecto de pechar o bucle entre ambos os centros. Centro de seccionamento en caseta prefabricada tipo PFU-5 onde se instalan tres celas de protección LMT SF6 630 A 24. Ambas as actuacións están situadas na parcela 59-60 do polígono PPI-6 sector 2, polígono situado na parroquia de S. Salvador de Budiño, no concello do Porriño.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condición establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente en dereito.

Pontevedra, 8 de agosto de 2019

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017; DOG nº 18, do 25 de xaneiro de 2018)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica