Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 5 de setembro de 2019 Páx. 38818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (expediente PO 04/2019 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible efectuar, faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e que a súa publicación, no boletín oficial da comunidade autónoma, é facultativa.

Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal do acto que figura no anexo, a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados que constan no anexo, o anuncio do expediente sancionador, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento integro do acto notificado e a súa constancia. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 7 de agosto de 2019

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Ana Mª Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

ANEXO

Interesado (comercio)

Expediente

Acto

Concello

DYA Eventos y Ferias, S.L.

PO-04/2019

Resolución de expediente sancionador

Albacete

Ali Reza Habizadeh

PO-17/2018

Resolución de expediente sancionador

Madrid

Vintage Jeans, S.L.

PO-15/2019

Resolución de inicio de expediente

sancionador

Santiago de Compostela