Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 4 de setembro de 2019 Páx. 38758

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de protección e integración paisaxística de actuación na ordenanza U.4 Predios singulares en solo urbano (Casa de Louzao).

Por acordo do Pleno do Concello, en sesión ordinaria do 29 de abril de 2019, aprobouse definitivamente o Plan especial de protección do PE-1, núcleo de Ponte Ulla, na parroquia de Ponte Ulla, neste termo municipal, nos termos do expediente tramitado e da documentación técnica redactada, o que se publica para os efectos do artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 88 da mencionada Lei 2/2016, do 10 de febreiro, unha vez publicado o anuncio no DOG, remitirase ao órgano autonómico competente, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento de Galicia, un exemplar do plan especial debidamente dilixenciado. Cumpridos estes trámites, publicarase a normativa e ordenanzas no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Notificarase individualmente a aprobación definitiva do plan especial aos titulares catastrais dos terreos afectados aos cales se lles notificou a aprobación inicial, de conformidade co disposto no artigo 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro. O contido do plan quedará á disposición do público na web do concello https://www.concellodevedra.es/.

Contra o acordo de aprobación definitiva, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Vedra, 23 de maio de 2019

Mª Jesús Piñeiro Caldelas
Alcaldesa accidental