Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 4 de setembro de 2019 Páx. 38757

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública (expediente FG número 636).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 3232/2019, do 13 de agosto de 2019, acordouse aprobar inicialmente o expediente de expropiación da parcela 3916206NJ5041N, predio residual inedificable na avenida República Arxentina, nº 183, e Rúa da Proba, en Breixo-Dorneda (documento con data de agosto de 2019).

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 14 de agosto de 2019

Ángel García Seoane
Alcalde presidente