Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 4 de setembro de 2019 Páx. 38753

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de información pública de aprobación inicial dun estudo de detalle.

A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o 31 de xullo de 2019, acordou aprobar inicialmente o documento denominado estudo de detalle, presentado por Elena García - Norro Granja e redactado polo arquitecto Pablo López Prol, con data de xullo de 2019, presentado no Concello o 19.7.2019 (r.e. núm. 2419), para ordenar os volumes edificatorios e concretar as condicións estéticas e de composición da parcela con referencia catastral nº 6649560NH2464N0001HD, situada no lugar de Alqueidón, Os Ánxeles.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación do estudo de detalle pódese consultar no Departamento de Urbanismo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Brión, 6 de agosto de 2019

José Luis García García
Alcalde