Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 4 de setembro de 2019 Páx. 38754

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcela/s de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos cales non se lles puido efectuar a notificación (expediente 1458/2019).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non poderse practicar a notificación ao ser descoñecido o propietario, faise pública resolución da orde de execución para xestión da biomasa vexetal, que esta Alcaldía ditou no exercicio das súas atribucións. O interesado dispón dun prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, para executar a orde de xestión da biomasa vexetal. Faise advertencia de que, en caso de incumprimento da presente orde de execución, e de acordo co establecido no parágrafo 4 do artigo 136 da Lei 2/2016, a Administración municipal procederá á execución subsidiaria, de acordo co establecido no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Nº de expte.

Asunto

Propietario

Ref. catastral/Situación da parcela

1458/2019

Orde de execución das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada das especiales arbóreas prohibidas

Descoñecido

36005B518220250000ZH sita en Gundiñáns-Saiar

Recursos:

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer, alternativamente, o recurso de reposición potestativo ante o alcalde deste Concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao a recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal. Nese caso os interesados poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contados desdo o día seguinte de aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei da xurisdicción contencioso-administrativa.

Caldas de Reis, 12 de agosto de 2019

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente