Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 4 de setembro de 2019 Páx. 38752

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de información pública de aprobación inicial dun estudo de detalle.

A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o 31 de xullo de 2019, acordou aprobar inicialmente o documento denominado estudo de detalle para ordenar os volumes edificables, redactado desde o Servizo de Urbanismo do Concello pola arquitecta municipal Mónica Arias Carriba e polo asesor xurídico urbanístico Carlos Abal Lourido, asinado con data do 30.7.2019, para ordenar os volumes edificables da parcela con referencia catastral nº 6663917NH2466N0001RQ, situada no lugar de Lamiño, Brión.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación do estudo de detalle pódese consultar no Departamento de Urbanismo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Brión, 6 de agosto de 2019

José Luis García García
Alcalde