Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 3 de setembro de 2019 Páx. 38636

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 46/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 46/2019, seguido por instancia de Beatriz Gómez Suárez contra Mercancías Gráficas sobre execución de sentenza nº 103/19 de data do 20 de febreiro, se ditou auto despachando execución e decreto de embargo con datas 26.4.2019 e 19.7.2019, respectivamente, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Mercancías Gráficas, S.L, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza