Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 3 de setembro de 2019 Páx. 38635

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (614/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 614/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de David López Durán contra Toxo Solucións, S.L., Fogasa sobre despedimento, resolución do 31.7.2019, contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que, no devandito órgano xudicial, os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Toxo Solucións, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de agosto de 2019

A letrada da Administración de xustiza