Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 3 de setembro de 2019 Páx. 38637

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (994/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 994/2018, seguido por instancia de Manuel Ángel Carnero Díaz contra Mutua Fremap y Bahía de Mera, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidades derivadas dunha situación de incapacidade temporal, se ditou sentenza número 392/2019, do 8 de xullo, estimando a demanda, e contra a que non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bahía de Mera, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza