Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 2 de setembro de 2019 Páx. 38592

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO do estudo de detalle para a reordenación de volumes en varias parcelas da rúa Santo Domingo e da avenida de Bos Aires (expediente de Planeamento Urbanístico 2018007665).

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria do 1 de agosto de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Estudo de detalle para a reordenación de volumes en varias parcelas da rúa Santo Domingo e avenida de Bos Aires (expediente Planeamento 2018007665).

A Xunta de Goberno local, de conformidade coa proposta e advertindo e corrixindo neste acto un erro nun artigo do réxime de recursos, de forma que onde dicía: «(...) art. 107 da Lei 30/1992 (...)», debería dicir: «(...) art. 112 da Lei 39/2015 (...)», acordou:

1. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para a reordenación de volumes en varias parcelas da rúa Santo Domingo e avenida de Bos Aires, na súa versión de documento refundido para a aprobación inicial (marzo 2019), a pedimento de Dessa Urbanismo, S.L.N.E. (CIF B94007556), representada por María del Consuelo González García, con DNI ***9534**.

2. Someter o documento a información pública durante un prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia; nun dos xornais de maior difusión na provincia; no taboleiro de anuncios municipal e na sede electrónica municipal. A documentación sometida a información pública abarcará todos os documentos integrantes do expediente tramitado, así como o documento técnico que se aproba, debidamente dilixenciados.

3. Notificar o presente acordo de xeito individualizado aos titulares catastrais afectados polo ámbito territorial do estudo de detalle, segundo a relación que consta no documento técnico.

4. Solicitar, durante o período de información pública, o informe sectorial preceptivo da Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Turismo, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Réxime de recursos:

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, por tratarse dun acto de trámite que non decide directa ou indirectamente o fondo do asunto, nin determina a imposibilidade de continuar o procedemento, nin produce indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, non cabe interpor recurso administrativo, sen prexuízo de que os interesados formulen os que procedan contra o acordo que poña fin ao presente procedemento.

Ourense, 2 de agosto de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto 2019004821, do 18 de xuño)
José Miguel Caride Domínguez
Concelleiro secretario