Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 2 de setembro de 2019 Páx. 38570

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas

EDICTO (384/2016).

Violeta Reboredo Otero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas, fai saber que no presente procedemento de xuízo ordinario, seguido por instancia de DSSV, S.A.R.L. fronte a Balsur, S.A., sucursal en España, Daniel Abal Mauricio, André Abal Mauricio, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza:

Cangas, 9 de maio de 2019.

Ao xuízo ordinario 384/206 foron citados como partes:

– Parte demandante: DSSV, S.A.R.L., representada polo procurador dos tribunais, José Portela Leirós, e defendida no procedemento polo letrado Álvaro Juan Peredo Pérez. Asistiu en substitución ao acto da audiencia previa a letrada Ana Isabel Álvarez Presas.

– Parte demandada: Balsur, S.A., sucursal en España, André Abal Mauricio e Daniel Abal Mauricio, en situación procesual de rebeldía.

En virtude da Constitución e da lei, en nome do rei,

Parte dispositiva:

Estimo parcialmente a demanda interposta por DSSV, S.A.R.L., representada polo procurador dos tribunais, José Portela Leirós, fronte a Balsur, S.A., sucursal en España, André Abal Mauricio e Daniel Abal Mauricio e, en consecuencia, declaro o vencemento anticipado do contrato de préstamo hipotecario convido polas partes o día 18 de maio de 2007, e condénase a Balsur, S.A., sucursal en España, en situación procesual de rebeldía, ao pagamento de cento trinta e tres mil douscentos tres euros con cincuenta e tres céntimos (133.203,53 euros), así como dos xuros legais devindicados desde a data de interposición da demanda e ata o ditado da presente sentenza. A partir de aí devindicaranse os xuros procesuais do artigo 576 da LAC.

Absolvo a André Abal Mauricio e a Daniel Abal Mauricio.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interporá ante este xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Lévese testemuño desta resolución aos autos correspondentes.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estaren os ditos demandados Balsur, S.A., sucursal en España, Daniel Abal Mauricio, André Abal Mauricio, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Cangas, 5 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza