Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 30 de agosto de 2019 Páx. 38389

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 168/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 168/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Ares González contra a empresa Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., María José Lorenzo Gómez, Juan Manuel Capella Pérez, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa copia literal di así:

«Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2019.

Recibido o anterior escrito número 5911/19 do graduado social José Nogueira Delgado, únase, visto o seu contido tense por cesado o graduado social José Nogueira Delgado para a representación da demandanda Fidel Derivados Cárnicos, S.L.

Requírase a demandada Fidel Derivados Cárnicos, S.L., por prazo de dez días, para que, se é o caso, designe novo letrado ou graduado social para que a represente neste procedemento.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza que dita esta resolución con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza