Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 30 de agosto de 2019 Páx. 38387

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 140/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 140/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Villamor Pérez contra Cervecom Cervecería Santiago, S.L., se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez.

Santiago De Compostela, 16 de xullo de 2019.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Marcos Villamor Pérez fronte a Cervecom Cervecería Santiago, S.L. e Fogasa, parte executada.

De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para vista do incidente.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada, nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2019.

Tendo presentado o traballador Marcos Villamor Pérez escrito en que exixía o cumprimento polo empresario Cervecom Cervecería Santiago, S.L. da obriga de readmisión, e unha vez despachado auto de execución do 16.7.2019, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais, facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 24 de setembro de 2019, ás 12.15 horas, na sala de audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, para a celebración da comparecencia.

De non asistir o/os traballador/es ou persoa que o/os represente, considerarase que desiste/n na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante, terá lugar o acto sen a súa presenza.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes constituídas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cervecom Cervecería Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza