Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 167/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maximino Liñares Illodo contra a empresa Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Juan Manuel Capella Pérez, María José Lorenzo Gómez, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa copia literal di así:
«Dilixencia de ordenación:
Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.
En Santiago de Compostela o vinte e sete de maio de dous mil dezanove.
Recibido o anterior escrito número 5912/19 do graduado social José Nogueira Delgado, únase, visto o seu contido tense por cesado o graduado social José Nogueira Delgado para a representación da demandanda Fidel Derivados Cárnicos, S.L.
Requírase a demandada Fidel Derivados Cárnicos, S.L. por prazo de dez días, para que, se é o caso, designe novo letrado ou graduado social para que o represente neste procedemento.
Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza que dita esta resolución con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.
O/a letrado/a da Administración de xustiza».
E para que sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios.
Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2019
A letrada da Administración de xustiza